Participa connosco na "Caza da Cabicha"

Voltamos este venres de novo coa campaña de concienciación sobre a problemática das cabichas na rúa, "Á Caza da Cabicha". Esta vez, moverémonos polo Centro e o Barrio da Ponte.

O horario será de 11:00 a 14:00. O punto de encontro será a Praza Maior, e dende alí sairemos cara a Ponte.

Se queres sumarte e colaborar connosco nesta campaña, podes porte en contacto a través de voluntariado@sustinea.org ou no 988 782 964.

Cal será o teu papel nesta campaña?
Todas as persoas voluntarias que participades connosco, teredes un papel de informadores/as e educadores/as ambientais. O divertido á par que chamativo, é que iremos caracterizados tipo "Ghost Buster" ou neste caso "Cazadores de Cabichas". Co fin de visibilizar este problema e propor solucións encamiñadas é redución das cabichas na cidade, ao mesmo tempo que recollemos as mesmas, iremos informando aos cidadáns do grave problema de tirar as cabichas sen control ao chan, aos espazos naturais, parques infantís, etc. que enfean a nosa cidade e son un dano medioambiental xa que son un elemento non biodegradable.

Para expor ao resto da cidadanía o grado de incivismo, colocaremos un “cabichómetro” diante do Concello de Ourense, no que se exporán todas as cabichas recollidas en todos os barrios propostos. 

Se ti tamén queres ter un papel activo na túa cidade, e queres porlle freo a esta problemática, é o momento de facelo. Colabora, cada persoa suma para a conservación do noso Medioambiente!
 
Máis info en voluntariado@sustinea.org ou no 988 782 964.
 
Agardámoste!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.