Participamos no Congreso Internacional da Xuventude

 Os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Ribeira (A Coruña), celebrarase  Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen e no denede Sustinea participaremos activamente en diversas actividades.
 
O venres 25 estaremos na mesa redonda sobre o emprendemento na mocidade con outros mozos e mozas, e pola tarde contaremos a nosa experiencia no desenvolvemento local e no que a xuventude ten un papel determinante. Así mesmo, estaremos na área de exposicións para falar con todas aquelas persoas que se queiran achegar ao noso posto.
 
A temática do Congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.
 
Neste proxecto terán cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funcionará como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.