Participaremos na Feira de Entidades de Voluntariado

Este sábado 5 de decembro, estaremos na Feira de Entidades de Voluntariado do Concello de Ourense para festexar o Día Internacional do Voluntariado.
 
Amosaremos o noso traballo, e estaremos facendo actividades divertidas nas que podedes participar, e nas que haberá algún agasallo naturalmente fermoso, para festexar o Día Mundial do Solo.
 
Tamén estaremos nas seguintes actividades:
 
Ás 12:00 horas no Flashmob pola Rúa do Paseo dende o Banco de España ata a Praza Maior acompañados dos Percutores de Seixalvo.
 
Voluntariado Europeo ás 13.00 horas. Interveñen Voluntari@s das entidades: Sustinea, Amigos da Terra, Amencer e da Oficina Municipal de Voluntariado.

Voluntariado local ás 17:00 horas. Interveñen: Entidades Socias da cidade de Ourense
 
Ás 17:30 Obradoiro infantil “Comercio Xusto a través da cociña”.

E durante todo o día haberá Exposicion Fotografia Actividades de Voluntariado das Entidades Sociais e Municipais na Sala Valente.
 
Podedes ver o vídeo que fixeron as nosas compañeiras do SVE para convidarvos a vir o 5 de decembro.
 
Agardámosvos!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.