Próximas actividades para esta primaveira e verán

Dende Sustinea queremos convidarvos a participar nas nosas actividades, que imos a desenvolver na primaveira e no verán.  

Este soamente é un adianto do que serán algunhas das actividades que xa temos confirmadas, e das que continuaremos informando de cada unha delas, con datas, modo de inscripción, contidos, prezos, … estade moi atentas/os, pois son prazas limitadas!

Xuño do 3 ao 5: Semana do Medioambiente en colaboración co Concello de Ourense.

Obradoiros RE-FOGAR, obradoiros de construción de refuxios para insectos, xardíns micolóxicos, o teu horto na terraza, Feira de Consumo Responsable, contacontos ambientais, e moito máis.

Actividades de balde e para todas as persoas.

Xuño  durante as fins de semana e ata setembro: Programa participativo para a conservación da Biodiversidade urbana.

 Durante varias fins de semana do mes de xuño e ata setembro, realizaremos estacións permanentes de seguemento de micromamíferos e carnívoros medianos no entorno urbán de Ourense, e algunha que outra cousiña máis, das que vos informaremos en breve tempo.

Xuño do 27 ao 29: Aventúrate na Enciña da Lastra.

Durante a fin de semana, mergullarémonos nas actividades de aventura en pleno corazón do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, recibindo así, unha iniciación ao kaiak, espeleoloxía, e xeocaching e realizando deportes extremos coma o puenting.

Achegarémonos a lugares non coñecidos, especiais polas súas características naturais e paisaxísticas. Todo isto combinado coa inmersión na historia arqueolóxica das Covas de Pardollán en Rubiá e as Médulas.

Estas son as actividades que non vos podedes perder:
Actividades náuticas: expedición kaiak dende Baliñas ata o embalse de Covas.
Actividade extrema: puenting.
Técnicas de orientación e GPS na montaña.
Xeocaching nocturno.
Expedicións espeleolóxicas.
Actividades nocturnas de observación de fauna.
Roteiro interpretativo ambiental polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
Cea e velada na Festa das covas do Castro.

Xullo do 11 ao 13: BIOFESTIVAL  no Reperkusión 2014.

Posiblemente este ano volvamos a colaborar co durante o Reper, que se celebra en Benposta, co BIOFESTIVAL. Así que xa sabedes se queredes colaborar con nós durante estes días de festival, podedes poñeros en contacto en voluntariado.ambiental@sustinea.org

Xullo do 15 ao 24: Campo de Traballo Internacional Aldea de Salgueiro en plena Reserva Natural do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

Aquí vos deixamos a información para poder participar, pois para Galicia soamente hai 6 prazas. Dádevos presa!

Agosto do 9 ao 14: Campamentos Ambientais no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

Xa vos iremos informando máis sobre estes dous campamentos, que en breve, estarán abertos para inscricións.

O prezo de destes campamentos será de 75 euros por persoa durante 6 días de plena actividade no corazón do Parque Natural. Se tedes fillas/os, sobriñas/os de entre 8 a 11 anos ou de 12 a 14 anos, e/ou coñecedes a alguén que lle poda interesar que envie un mail a info@sustinea.org  ou tamén chamando ao 988 782 964, xa que son prazas limitadas!!

É unha oportunidade que non podedes deixar escapar!

Agosto do 30 ao 31: O Xurés dende outra mirada

Durante a fin de semana, descubriremos o corazón do Parque Natural do Xurés dende unha mirada imposible de repetir. Achegarémonos ao corazón da reserva onde o paso está restrinxido para coñecer de primeira man cales son os tesouros que garda o parque natural. Disfrutaremos de recunchos non accesibles para o público xeral e poderemos desfrutar tamén da versión máis lúdica que nos oferta o parque natural coas actividades nauticas.

Algunhas adas actividades que teremos:

Actividades náuticas; vela e kaiak.
Baño nas Termas do Río Caldo.
Avistamento e rastrexo de fauna salvaxe no Parque Natural do Xurés.
Técnicas de orientación e GPS na natureza.
Roteiro interpretativo ambiental polo Parque Natural do Xurés.
Visita ao campamento romano Aquis Querquenis, e baño nas termas romanas.
Aloxamento no Complexo Turístico O Corgo.
Almorzo, comida e cea durante a fin de semana.

Xa vos informaremos onde teredes que facer a inscrición!

Estas son algunhas das actividades que teremos durante esta primaveira e o verán. Se queredes recibir información sobre algunha delas por adiantado, antes de que as publiquemos na nosa web, podes escribirnos a info@sustinea.org e poñer no asunto a actividade na que estás interesada/o.

E en setembro máis, así que estade atentas/os a nosa web.