Presentación da novela ecofeminista "Beatriz y la loba"

Sustinea en colaboración con Amigos da terraMarcha Mundial das Mulleres El Cercano, convídavos á presentación da novela ecofeminista "Beatriz y la loba" de Concha López LLamas, que terá lugar o xoves día 2 de xuño ás 20:00h no bar cafetería El Cercano.
 
Beatriz, unha rapaza zamorana, e Oak, unha lobezna nada nas saias da Serra da Cabrera, perden á vez os sustentos necesarios para a vida: hábitat, familia, alimento e traballo. No traxecto vital que realiza cada unha para sobrevivir, vanse definindo aspectos esenciais da cultura propia de cada especie e dos efectos xerados pola interacción entre ambas.
En "Beatriz y la loba" a violencia de xénero e de especie, que algúns machos de Homo sapiens infrinxen ás súas femias e aos cánidos salvaxes, constitúese no fío que conecta a vida de Beatriz e de Oak.
 
Localización: Bar Cafetería El Cercano - rúa Cardenal Quevedo, 20, baixo - Ourense
 
Para máis info: info@sustinea.org ou 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.