Programa actividades da Semana do Medioambiente

Un ano máis Sustinea en colaboración coa Concellería de Medioambiente do Concello de Ourense, organizamos diversas actividades para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente.
 
Presentamos un programa con actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a poboación en xeral e aos máis pequenos, da importancia de coñecer para conservar o noso Medioambiente.
 

Este ano, queremos crear familias unidas e comprometidas, por iso incorporamos unha serie de actividades pensadas para desfrutar en familia da natureza nos nosos parques e ríos.
 
Todas as actividades son gratuitas pero nalgunhas é preciso a inscrición!
 
 
Xa sabedes, comezamos maña. Agardámosvos!

 
PROGRAMA COMPLETO DA SEMANA DO MEDIOAMBIENTE
Martes 31 de maio:

  • 18:00 – 20:30 horas. Praza Diego González Blanco (O Vinteún). Eco Xincana A liga dos xusticeiros ambientais. Para todos os públicos, non é preciso inscrición previa.

Mércores 1 de xuño:

  • 18:00 – 20:30 horas. Parque Barbaña. Obradoiro ReciclArte, Antía e a fada das mil sementes. Para todos os públicos, non é preciso inscrición previa.

Xoves 2 de xuño:

  • 18:00 – 20:30 horas. Parque San Lázaro. Obradoiro ReciclArte, Antía e a fada das mil sementes. Para todos os públicos, non é preciso inscrición previa.

Venres 3 de xuño:

  • 18:00 – 20:30 horas. Parque Anxelita Paradela (A Carballeira). Obradoiro Aprende a xogar en familia na natureza. Actividade gratuíta. Inscrición en info@sustinea.org

Sábado 4 de xuño:

  • 10:30 – 14:00 horas. Parque Barbaña. Xincana de orientación Familias exploradoras. Saída do Parque Barbaña. Actividade gratuíta. Inscrición en info@sustinea.org

 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.