Programa das V Xornadas Micolóxicas

Como xa é costume por esta época, dende Sustinea convidámosvos a participar con nós nas V Xornadas Micolóxicas.

Este ano temos novidades, por un lado, levaremos a cabo as xornadas micolóxicas os días 8 e 14 de novembro en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar, no Albergue de
Ordelles.

A xornada do día 8 de novembro, estará adicada á saída micolóxica pola parroquia de San Xoán, o concello de Pereiro de Aguiar, este ano da man do noso compañeiro micólogo Martín Souto.

Comezaremos a xornada do domingo ás 10:30 horas no albergue de Ordelles, cunha charla formativa sobre os cogomelos, para a continuación saír ao monte a aprender a identificar os cogomelos in situ e recollelos.
Pola tarde, faremos a nosa tradicional exposición e identificación dos cogomelos recollidos durante a xornada.

Continuaremos o sábado seguinte, co Obradoiro de Cociña Micolóxica, onde cociñaremos cogomelos de tempada como os boletos, os champiñóns, macrolepiotas, os níscalos e os cantarelos e onde aprenderemos varios trucos e técnicas de cociña dos mesmos. Esta xornada vaise a levar a cabo de 10:30 a 14:00, na que ao rematar, poderemos degustar os pratos micolóxicos elaborados.

Para máis información e inscricións:

cultura@concellopereiro.com

Telf.:988 259 839

Tede en conta que nesta actividade en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar, terán prioridade as persoas empadroadas no mesmo concello.

Por outro lado, teremos unha nova xornada aberta a todo o mundo para o día 15 de novembro, na que faremos a saída micolóxica pola parroquia de San Xoán, o concello de Pereiro de Aguiar, este ano da man do noso compañeiro micólogo Martín Souto, así coma a recoleción, exposición e a identificación dos cogomelos.

Lembrade que as prazas son limitadas e que cada ano quedan moitas persoas fóra.

O Prezo desta xornada é de 15 euros.

Para máis información e inscricións:

info@sustinea.org

Telf.: 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.