Programación Semana do Medioambiente en Ourense

Como cada ano Sustinea en colaboración do Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o día 5 de xuño. Realizaremos actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a poboación en xeral e aos mais pequenos en particular da importancia de conservar o Medioambiente.
 
Este ano o lema da xornada é “Conectando as persoas coa Natureza” e programamos actividades moi diversas nas que toda a poboación poda, en distintos puntos do municipio, estar en contacto coa natureza co fin de coñecela, disfrutala e protexela.
 
Todas as actividades son gratuitas pero nalgunhas é preciso ou aconsellable a inscrición.

 
DOMINGO 28 MAIO
11:30 – 18:30 horas. Verdeando na horta. Obradoiro para familias. Horta da Carballeira. Recomendable inscrición.
Esta actividade consiste no desenvolvemento dunha serie de actividades ambientais na horta. Están dirixidas a familias para que pasen unha xornada nun ambiente agradable e desfruten dun espazo de hortas ecolóxicas. Se realizarán dous obradoiros, un de construción de atraíntes de aves para hortas e xardíns para identificar os paxaros que conviven connosco. O seguinte será “A túa horta na terraza” para iniciarnos no cultivo ecolóxico nos nosos fogares, sen necesidade de ter horta ou terreo.
Inscrición en info@sustinea.org
 
MARTES 30 MAIO
Concurso Naturaliza Ourense dentro da Campaña Adopta unha árbore. Rúa do Paseo Inscrición en info@sustinea.org. As persoas interesadas en participar deseñarán unha árbore na rúa do Paseo.
 
MÉRCORES 31 MAIO
18:00 horas. Obradoiro ReciclArte e Os “Contos de realidade. Parque Diego Glez Blanco.
Será un obradoiro dinámico e teatralizado para concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas en aspectos de sostibilidade e reciclaxe.
En primeiro lugar haberá unha representación de teatro de “O avó Ramón e a neta xoaniña cos contos de realidade” para achegar aos asistententes á ecoloxía dun xeito ameno e divertido. A continuación a partir de materiais de refugallo realizarán diversos obxectos realizados de forma completamente artesanal.
 
XOVES 1 XUÑO
18:00 horas. Corredor verde de insectos polinizadores. Obradoiro no xardín do Posío. Recomendable inscrición.
O obradoiro consistirá na construción de refuxios para insectos con materiais naturais e de refugallo, que cada persoa poderá levar para colocar no seu xardín ou terraza.
 
SÁBADO 3 XUÑO
10:30 horas. Xincana de orientación en familia “Familias exploradoras. Parque Barbaña. Recomendable inscrición.
As carreiras de orientación son actividades moi divertidas e completas, fomentan o compañeirismo, o traballo en equipo e dado que se realiza no medio natural o respecto pola natureza. Os participantes terán que superar probas e recompilar restos de animais, follas, pegadas… De xeito sinxelo ensinaremos as familias a identificar as especies vexetais e animais que podemos atopar.

 
LUNS 5 XUÑO
18:00 horas. Eco Xincana “O Clube doas coidadores do Planeta”. Parque Barbaña.
Esta actividade está composta dunha eco-xincana infantil, que representará a creación dun clube moi importante e selecto que ten por misión protexer o noso planeta. Para poder formar parte del os participantes deberán superar diversas probas que representarán hábitos saudables para a conservación e a protección do Medio Ambiente. Haberá unha introdución teatralizada para motivas aos participantes e as probas serán moi dinámicas e adaptadas a tódolos públicos e ideal para participar en familia.
 
MARTES 6 XUÑO
18:00 horas. Aprender a xogar cos nosos fillos na natureza. Obradoiro para familias. Parque Ingabad O Couto. Recomendable inscrición.
Nesta xornada ensinaremos aos pais e nais diferentes xogos, dinámicas, técnicas e obradoiros para facer cos seus fillos e fillas na natureza. Mostrarase como o xogo permite os cativos e cativas expresar a súa creatividade e desenvolver a súa imaxinación.
 
Para máis información e inscricións: info@sustinea.org e no 988 782 964

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.