PROMOCIÓN DA EMPREGABILIDADE DA XUVENTUDE NO ÁMBITO DO MEDIO AMBIENTE

Sustinea, no noso compromiso habitual coa inserción laboral da xuventude e do desenvolvemento sostible, dende hoxe, pon en marcha o programa "Promoción da empregabilidade da xuventude no ámbito do Medio Ambiente" e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
 
Dito programa ten como obxetivo a inserción laboral no ámbito do medioambiente dos mozos e mozas de Galicia.
 
Entre as actuación que se levarán a cabo, están:

  1. Formación complementaria de mozos e mozas no ámbito ambiental e rural.

    Para elo, realizaremos un calendario formativo encamiñado a cubrir a demanda de varios nichos de mercado relacionados có empredemento xuvenil e a paliar as diferentes problemáticas ambientais que temos en Galicia.
     

  2. Complementar a formación da mocidade con prácticas laborais ou voluntariados a nivel Europeo en proxectos adecuados ao seu perfil para poder gañar experiencia a nivel persoal e profesional e complementar o seu nivel de idioma.

    Abriremos unha bolsa para os mozos e mozas de toda Galicia que queiran complementar a súa formación nas máis de 20 Entidades Europeas que xunto con Sustinea, fundamos a Rede Europea de Desenvolvemento Sostible e as máis de 15 Entidades coas que levamos colaborando en diferentes proxectos Europeos.
     

  3. Á volta das prácticas no estranxeiro realizaremos un asesoramento laboral para orientar e axudar a estes mozos e mozas na búsqueda de emprego.

    Unha vez finalizadas as prácticas laborais, traballaremos cós mozos e mozas para avaliar a experiencia adquirida e orientalos na búsqueda de emprego. Para isto, realizaremos unha avaliación sobre as habilidades gañadas durante a súa estadía no estranxeiro e actualizaremos o seu CV:

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.