Proxecto de promoción da empregabilidade para a xuventude no ámbito do medioambiente.

O Proxecto de Promoción da Empregabilidade para a Xuventude no Ámbito do Medioambiente é un proxecto subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no que traballaremos na inserción laboral da mocidade en empresas do sector Verde. Para isto, realizaremos formacións e crearemos unha bolsa de demandantes de emprego verde, unha de empresas deste sector e facilitaremos a búsqueda prácticas formativas en europa para mozos e mozas de toda Galicia. Finalmente deseñaremos un itinerario integral de inserción laboral co obxecto de facilitar a búsqueda de emprego.
O obxectivo é establecer un itinerario onde poidamos achegar demandantes e empregadores do sector verde como potencial xerador de sostibilidade social e ambiental.
A subvención para a execución deste proxecto está cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o  Fondo Social Europeo.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.