Proxecto Galeuropa 2016

O proxecto Galeuropa Lisboa, Aveiro e Recanati 2016 son un proxecto de mobilidade para a realización de prácticas profesionais en Lisboa, Aveiro e en Recanati, cunha duración de catro meses (xullo-novembro), na que a asociación SUSTINEA cubre tódolos gastos derivados da estadía. Buscamos a 8 persoas con perfil e formación na área medioambiental (prioritariamente), que poderán facer as súas prácticas en entidades acordes ao seu perfil e intereses.
 
O prazo para a presentación de candidaturas remata o 13 de xullo ás 14:00. Queres máis información? escríbenos a info@sustinea.org.
NON PERDAS ESTA OPORTUNIDADE!!!

O proxecto Galeuropa Lisboa, Aveiro e Recanati 2016 inscríbese dentro do Programa de Mobilidade Europea “Galeuropa”, convocado pola DXXV, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.