Queres adoptar unha árbore na cidade de Ourense?

Buscamos a persoas que preocupadas pola conservación do seu entorno natural máis cercano, e coñecedoras da necesidade e beneficios que aportan os espazos verdes, a nosa saúde física e psicolóxica, se sintan motivadas para participar na Campaña Adopta unha árbore na cidade de Ourense. Esta campàña é unha ferramenta que busca promover o coidado ambiental e os espazos naturais don nosos barrios, a través do coidado das árbores que alí habitan.

Poden colaborar todas as persoas interesadas, só pedimos compromiso e apoio. Contactate connosco, e proveerémosvos duna manual dos coidados que lles podemos facer ás árbores, faremos unha plaquiña identificativa e persoal e apoiarémoste para que a túa árbore creza sa e sen problemas.

Esta acción é urxente, xa que a cidade moderna quere expulsar á natureza ata os seus confíns, as nosas paisaxes cotiás van perdendo singularidade, estamos convertidos en sociedades urbanas ausentes dos valores ambientais, toleramos a desnaturalización urbana e da paisaxe e soportamos a esterilización das nosas contornas; probablemente facémolo a cambio de ter unhas condicións de mobilidade que nos permiten ir buscar e atopar as nosas ansias de natureza lonxe dos centros urbanos. Sociedades dotadas da suficiente mobilidade para relegar a natureza ás periferias urbanas, a ámbitos rexionais ou mesmo suprarregionales.

Colabora cos espazos verdes da túa cidade!! É urxente!

Para máis información e inscricións na Campaña chama ao 988 782 964 ou escribe a info@sustinea.org

 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.