
Dende Sustinea en colaboración do Concello de Muíños e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, propoñémosche unha escapada de fin de semana en plena natureza, ideal para darlle a benvida ao outono e depurar os pulmóns e relaxarnos desfrutando da calma do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, unha xoia da natureza ourensá que merece a pena coñecer e desfrutar dun xeito sostible.
É un dos parques máis importantes de Galicia, que conta con 20.920 hectáreas, e que foi declarado en maio de 2009 conxuntamente co parque limítrofe portugués (Parque Nacional de Peneda-Gerês) Reserva da Biosfera pola UNESCO. Nel poderás coñecer unha gran variedade de especies animais e vexetais, así coma etnografía de alta montaña e paisaxes marabillosas.
O programa divulgativo “Coñece o Xurés” estructurarase en actividades lúdicoambientais e de inmersión na natureza coas que buscamos promover o coñecemento e a conservación do Parque Natural do Xurés.
Durante esta fin de semana poderás desfrutar de sendeirismo polo Parque Natural do Xurés, visita etnográfica á Aldea de Salgueiro, baño nas termas mineromediciñais do Río Caldo, roteiro en kaiak ata o campamento romano Aquis Querquennis e baño nas súas termas romanas, etc.
Cando?
Dende o 29 de setembro con recepción dos/as participantes a partir das 19:00 horas ata o 1 de outubro ás 16:00 horas.
Onde será o aloxamento?
No Complexo Turístico de O Corgo en Muíños, dende alí moverémonos en autobús para as diferentes actividades.
Quen pode participar?
Todas as persoas interesadas en coñecer de xeito lúdico os aspectos máis relevantes do Parque Natural do Xurés: a paisaxe, as especies de flora e fauna, a arquitectura tradicional, as costumes, os oficios..., en contraste cos do medio en que habitualmente viven, coñecendo ao mesmo tempo as alternativas para vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata o de agora.
Onde e ata cando inscribirse?
Esta actividade é totalmente gratuíta, polo que as prazas son limitadas!
Para inscribirse debedes facelos antes do 25 de setembro de 2017, enviando un email ao info@sustinea.org ou chamando ao 988 782 964.
Engadir un novo comentario