Queres participar nun Intercambio Xuvenil con Sustinea?

Dende o día 18 ao 25 de agosto, estaremos desenvolvendo o Intercambio Xuvenil Active Youth for Sustainable Rural Development, na Reserva da Biosfera do Xurés, entre 3 colectivos europeos: Sustinea, A.S.P.E.A (Asociación portuguesa de Educación Ambiental) e Caretakers of Environment de Grecia.

O proxecto está dirixido a 30 mozos e mozas de entre 15 e 30 anos de Portugal, Grecia e España, que compartan inquietudes no ámbito do Desenvolvemento Rural.

Durante estes días traballaremos temas coma o Turismo e o emprendemento Sostible, A sociedade no Desenvolvemento Rural Sostible e os Recursos Naturais no Desenvolvemento Rural.

Dende Sustinea, queremos abrir este proxecto a 3 persoas que desexen participar nun proxecto internacional, coma é este intercambio. Unha experiencia impactante e moi enriquecedora. Lembramos que non é unha viaxe turística, senón, unha actividade na que hai que implicarse e participar activamente.

É unha actividade totalmente gratuíta para os/as xóvenes participantes. Para participar neste intercambio, sería interesante, ter a capacidade para comunicarse na lingua inglesa.

Se estás interesado/a podes poñerte en contacto con nós para informarte de todos os detalles. (988 782 964 ou info@sustinea.org)

Date presa, pois soamente son 3 prazas!!

 

Etiquetas: