Realizado o Curso de Director/a de Campos de Traballo 2013

Dende Sustinea en colaboración coa Escola de Tempo Libre Fervenza, levamos a cabo dende o 10 ao 14 de xuño, o Curso de Director/a de Campos de Traballo 2013 que realizamos na U.N.E.D de Ourense.
 
Coa organización desta formación, pretendiamos cualificar e titular a un grupo reducido de directores/as, e educadores/as en xeral para a organización e execución de actividades en Campos de Traballo, vinculadas ao Desenvolvemento Sostible e ao Medioambiente.

Durante estes 5 días, puidemos coñecer casos concretos e traballar sobre proxectos de futuro, nos que colaboraremos entre todos/as os/as participantes á volta do verán, e dos que vos iremos mantendo informados/as.
 
Dende Sustinea agradecemos a colaboración e participación de cada un e unha dos/as participantes no curso, pois para nós sempre é gratificante coñecer persoas interesantes que demostren interese e motivación.
 
  
Apertas a todas e todos!!