Realizados os III Monográficos de Fauna Salvaxe

Damos por rematada unha edición máis dos Monográficos de Fauna Salvaxe, que coma cada ano levamos a cabo en colaboración cos nosos colegas de Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente SL.
 
Para poder levar a cabo esta 3ª edición, contamos coa colaboración do programa Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
 
Este ano adicamos esta edición a estudar a fauna que habita no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, no que estivemos realizando roteiros, interpretando os rastros e sinais que deixa a fauna durante os seus percorridos, lobos, raposos, teixugos, martas, donicelas, toupas, ourizos, etc... e vendo especies coma a pintega rabilonga (Chioglossa lusitanica), a bubela (Upupa epops) e sapo curriqueiro, entre outras. Durmimos en plena Reserva Natural, onde aproveitamos para facer estacións nocturnas de estudo de morcegos, na cal puidemos estudar especies coma o morcego das hortas (Eptesicus serotinus), morcego das fragas (Barbastella barbastellus) e o morcego anano (Pipistrellus pipistrellus), desfrutando ao mesmo tempo da tranquilidade e da paisaxe nocturna do Parque Natural. 
 
E aínda que o tempo nos acompañou con moita choiva, as persoas que participaron nestes III Monográficos, desfrutaron dun entorno privilexiado, coma é o Xurés, que nos agasalla con paisaxes, fauna e flora digna de estudar e coñecer para conservar.
 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de imaxes.
 
Agardamos de que todas as persoas que non puideron participar nesta 3ª edición, podades participar con nós na 4ª, así que vos agardamos!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.