Recuperación dos Muíños da Torrente.

Persoas voluntarias de Galicia, España e Francia recuperan os Muíños da Torrentena coa participación nun campo de traballo internacional na Baixa Limia.

 

That's just a regular fake they got them way better that look exact to the retail pair

O pasado agosto a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou aos participantes do campo de traballo internacional que se desenvolveu no Concello de Muíños. Nesta iniciativa conviviron mozos e mozas de entre 18 e 30 anos procedentes de Galicia,  España e  Francia. Estes, realizaron tarefas de limpeza nos Muiños da Torrente, ademais da adecuación do camiño que une as diferentes construcións da preindustria galega, o estudo da fauna na contorna e a construción de refuxios para os anfibios, entre outras tarefas. Ademais, os participantes tamén puideron gozar de actividades máis lúdicas como a visita a diferentes lugares da provincia, rutas ou actividades náuticas no encoro do municipio. Trala visita, a directora xeral afirmou que «Os campos de traballo constitúen unha excelente ferramenta de traballo para a mocidade, xa que son actividades voluntarias que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario».

“Esta actuación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, e promovida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio”

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.