Resultados da 4ª saída de sondaxe de fauna na cidade de Ourense

plásctico atopado dentro do excremeto da algalia

Esta fin de semana tivemos a 4ª saída de sondaxe de fauna da cidade de Ourense.
 
Foi unha saída chea de emocións, emocións positivas de ver a cantidade de fauna que atopamos nas 2 zonas que rastrexamos, e de ver a dúas das especies (algalia e marta) coas súas xestacións e en bo estado (aquí tedes unha pequena galería de imaxes). Pero desgraciadamente, tamén tivemos emocións negativas, tanto que xa dimos aviso á Concellería de Medioambiente e a Dirección Xeral de Conxervación da Natureza da Xunta de Galicia, para que tome as medidas oportunas.
 
Esta sensación ven dada, ao atoparnos analizando o excremento dunha algalia (Genetta genetta), e ver coma no interior desta, o que se atopaba era unha cinta plástica de aproximadamente 15 cm. Esto demostraba que este animaliño inxerira nos días anteriores plástico, e que tipo de plástico? Pois coincidentemente durante todo o camiño fumos recollendo lixo, lixo no que o que predominaban eran as cintas de plástico utilizadas coma balizas, para delimitar as carreiras ou andainas polos montes. Estas cintas ou balizas foron colocadas ao rematar a nosa saída de inverno que realizamos no mes de xaneiro e na que nos dixeron que se realizaría na semana seguinte. Xa vedes que dende entón estas balizas permanecían atadas afogando ás arbores, no chan, río ou como vedes no estómago dun mamífero, neste caso.
 
O plástico é un grave problema, tarda centos de anos en descompoñerse no medio, ata 1.000 anos segundo o tipo de plástico. Utilizar masivamente un material tan duradeiro para obxectos desbotables é un erro de consecuencias catastróficas a nivel local e global.
 
Sustinea fai un chamamento a todos os colectivos organizadores de eventos coma andainas, carreiras, etc., para que unha vez rematen a actividade, se dispoñan a desfacer o camiño recollendo as balizas e o lixo que desgraciadamente poda quedar dos individuos pouco civilizados que pensan que o monte degrada todo.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.