Retomamos as VII Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Despois dunha pausa dun par de anos, retomamos as Xornadas de Agroecoloxía en Ourense, e con esta nova etapa xa van sete edicións. As VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran de novo a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. Xurumelxs Grupo de Consumo, Semente, Sustinea, Amigos da Terra, A Galleira Asociación Cultural e Cine Clube Padre, presentamos ao longo de case 7 días todo tipo de actividades nas que se poderá ver o traballo conxunto dos últimos meses. Queremos que cada vez teñan máis voz e sexan mais visibles os proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.
 
Estas xornadas pretenden achegarnos algo máis ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que poidamos actuar dun xeito activo contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e insostible, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración da saúde pública, do benestar animal, de respecto polo medio natural e rural e pola cultura galega.
 
Animámosvos a que participedes nesta nova edición, desde o 3 ao 9 de abril!

 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.