Seminario Europeo de Educación Ambiental

Os días 27, 28 e 29 de setembro, levaremos a cabo o I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, organizado dende Sustinea enmarcado dentro do Programa Juventud en Acción.
 
Durante estes días, desenvolveranse alianzas e accións europeas, que partiran dos traballos, ideas e experiencias dos/as participantes, provintes dos catro países europeos colaboradores: Francia, Italia, Portugal e España.
 
As entidades que colaboramos e participamos neste Seminario somos:
 
Asocación Portuguesa de Educación Ambiental(ASPEA) (Portugal)
Scholé Futuro (Italia)
La Ligue de L' enseignement (Francia)
Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) (España)
Gaia Almería (España)
Sustinea (España)
 
Este Seminario ten como obxectivos desenvolver accións europeas e intercambiar experiencias no campo da Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, co fin de asentar unha base sólida para futuras colaboracións entre os países implicados, iniciando aquí unha cooperación europea.
Ao longo de cada día combinaranse exposicións, obradoiros, poñencias e debates guiados por unha persoa representante de cada organización. Nestes espazos, ampliaremos coñecementos e aptitudes para aprender a comunicar, sensibilizar e identificar alternativas reais para un desenvolvemento respectuoso co medio, sostible no futuro e accións prácticas sobre o terreo para cada un dos temas a tratar.
 
PRAZAS CUBERTAS!!
 
Para máis información:
www.sustinea.org
info@sustinea.org
Telf.: 668 874 900

xoves, 26 Setembro, 2013 - 19:00 to domingo, 29 Setembro, 2013 - 19:00

Etiquetas: