"Sumérxete no Xurés" dentro do programa Xuventur 2017.

Sustinea, a Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha a actividade de fin de semana "Sumérxete no Xurés" dentro do programa Xuventur 2017.
 
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre
a mocidade.
 

Temos aberto o prazo de inscrición para que veñades a desfrutar do Parque Natural do Xurés

Non deixedes pasar esta oportunidade. Máis info en http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12260-xuventur-2017

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.