Onte fumos invitados ao programa "En buena hora" da televisión local Telemiño, para ser entrevistados sobre o proxecto do Voluntariado Ambiental que estamos levando a cabo en Bemposta, na antiga Cidade dos Muchachos.
Na entrevista estivemos Inma Soto (Responsable do Voluntariado Ambiental de Sustinea), Paulo Vázquez (Presidente de Sustinea) e Luis Rodríguez (Tesoureiro don Patronato da Fundación Bemposta). Alí comentamos as experiencias do voluntariado e as sensacións que temos durante cada fin de semana, vendo como entre todos/as estamos a construír un novo espazo con moita historia na cidade de Ourense.
Engadir un novo comentario