Sustinea presente no Día Europeo da Educación Ambiental en Lyon (Francia)

 
Dende o día 3 ata o 7 de marzo de 2013, estaremos participando na organización e realización do Seminario a nivel europeo que se levara a cabo no marco do Día Europeo da Educación Ambiental, e a 3 ª Conferencia sobre Educación Ambiental para o Desenvolvemento Sostible organizada por Seed CFEEDD y Rhône-Alpes, en colaboración coa Rexión Rhône-Alpes Lyon e Maiores, e que se vai a celebrar en Lyon (Francia) na que participaran máis de 15 países.
 
Aquí deixámosvos o vídeo en clave de humor para a promoción do Seminario.
 
Este Seminario Europeo pretende ser o inicio dun proceso a longo prazo de colaboración en rede das diferentes entidades europeas da Educación Ambiental para o Desenvolvemetno Sostible (EEDD) a través dun consenso europeo, chegando a coñecernos uns a outros e actuando xuntos/as fortalecidos/as polas nosas diferencias.
 
O primeiro día será un preámbulo á 3ª Conferencia da Educación Ambiental para o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para compartir e crear solucións innovadoras para promover a EESD xuntos e xuntas. Ademais, durante estes días compartiremos experiencias e estableceremos o marco apropriado para o desenvolvemento de accións (redes, foros para o diálogo, etc.).
 
Para máis información podedes ver http://www.assises-eedd.org/
 
Manteremósvos informados/as!