Sustinea traballa nos seus computadores con Ubuntu

 
Dende hoxe, Sustinea traballa nos seus computadores con Ubuntu, o sistema operativo baseado no sofware libre de Linux, sen dúbida o mellor agasallo do nadal!
 
Queremos animar a todas as persoas a coñecer e instalar Ubuntu, xa que é un sistema operativo de balde, todo o que hai en Ubuntu o é (a axuda operativa e soporte, o software...), ademais, é seguro xa que existen moi poucos virus en Linux (por non decir nengún). Todas as aplicacións son doadas de instalar, e tamén existe unha comunidade detrás de Linux, especialmente de Ubuntu, que adoitan ser ex-usuarios/as de Windows, polo que adoitan saber que se sente ser novo/a nun sistema operativo e están felices de axudar, simplemente poñendo unha mensaxe nos Foros de Ubuntu e en cuestión de minutos hai respostas aos problemas xurdidos. Tamén existen razóns ecolóxicas para mudarnos a Ubuntu,  e son que é rápido e consume poucos recursos (obsolescencia programada), o que significa que non precisas unha computadora último modelo para traballar con el. Os sistemas operativos libres xestionan o hardware dunha forma tan eficiente que poden ser instalalos en equipos con mínimos requirimentos (ou antigos) e seguirán sendo tan estables como en computadores de última xeración, permitindo unha maior vida útil aos seus compoñentes de hardware, e como resultado temos a disminución de residuos electrónicos e o aforro considerable no uso de enerxía.
 
O software libre motívanos a aprender algo novo, intentar cousas e arriscarnos a cambiar. Usar software libre fainos pensar diferente, e as repercusións diso van máis alá do noso computador. Cambiar a túa forma de pensar cambia a túa vida, así que xa sabes por onde comezar!