Turismo de natureza

Obxecto

Cada concello galego posúe recunchos naturais máxicos aínda por descubrir e promocionar e que agocha unha gran importancia ambiental por biodiversidade, xeoloxía ou paisaxe.

Sustinea daremos a coñecer eses lugares coa organización e difusión de roteiros interpretados polo teu concello onde colaboraremos cos negocios locais coa finalidade de que a xente de fóra poda comer e aloxarse nos establecementos turísticos locais.

 

Descripción

  1. Deseñaremos un roteiro polos espazos naturais do concello que durará unha xornada encadrada nunha fin de semana.

  2. Difundiremos a convocatoria en toda Galicia con un límite de 40 peroas.

  3. Deseñaremos e difundiremos a actividade cun cartel incluíndo a publicidade do Concello e dos establecementos locais de hostelería de forma gratuita.

  4. Difundiremos alternativas de turismo de natureza para esa mesma fin de semana coa intención de que os visitantes prolonguen a súa visita durante toda a fin de semana.

  5. Difundiremos os roteiros en internet e nas redes sociais mediante una páxina web deseñada específicamente para o proxecto.

 

 

Beneficios para o Concello

  1. Dar a coñecer os espazos naturais e turísticos do concello.

  2. Colaborar na promoción económica local e no apoio aos negocios locais.

  3. Fidelizar a visitantes e promover o boca a boca entre as persoas que se acheguen ao roteiro.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.