
O mes de maio comezámolo co Un café con... no Liceo de Ourense, nesta ocasión con Luis Martínez Risco historiador e presidente da Fundación Vicente Risco.
Luis transportounos ao Ourense nos tempos de Vicente Risco e dun xeito ameno, achegounos máis á súa vida e ao seu entorno social e cultural.
Unha ocasión agradable para coñecer mellor a unha da figuras máis importantes de Ourense.
Se nesta ocasión non puideches asistir, tes a seguinte cita o xoves 7 de xuño ás 19:30h. Xa iremos informando do lugar e con quen tomaremos o café.
Engadir un novo comentario