Un Monte de Vida no Centro de Menores de Monteledo

 
Comezamos o ano na marabillosa compañía dos/as nenos e nenas do Centro de Menores de Monteledo, levando a cabo o programa de Educación Ambiental “Un Monte de Vida” financiado polo Voz Natura.
 
Durante estes días, participamos xuntos e xuntas nun achegamento aos diferentes aproveitamentos sostibles que lle podemos dar aos nosos montes, mostrándolles diferentes vías de futuro na súa vida laboral, motivando a que emprendan proxectos alternativos coma os que alí estivemos a desenvolver: construción dun pequeno xardín micolóxico no Centro a través de pellets micorrizados en toradas de madeiras, realizamos a micorrización con xel micorrizador de raíces de árbores autóctonas para a sua futura prantación nos montes de arredores do Centro, onde tamén fixemos de xeito creativo e con materiais de refugallo, construcións de hábitats para a fauna con caixas niño e comedeiros que foron colocadas polo Centro.
 
Este programa serviu dun xeito divertido e dinámico, de motivación para que estes mozos e mozas sigan aprendeno e espertando novas inquietudes polo medio natural, valorando a súa vez, coma unha futura vía laboral.

 

Etiquetas: