
Sustinea continúa co programa Un Rural para tod@s, que financia a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, onde realizamos formación en agricultura ecolóxica, orientación laboral e dispoñibilización de terreos para persoas con poucos recursos para produción en ecolóxico para autoconsumo ou venda.
As destinatarias e destinatarios son persoas empadroadas no Concello de Ourense e pertencentes a algún colectivo en risco de exclusión social.
A formación de 50 horas é completamente gratuita programa e será impartida por Andrés Castro (experto en Agricultura Ecolóxica).
O programa un Rural para Tod@s complétase con asesoramento na creación de pequenas explotacións agrarias e na saida de produtos agroecolóxicos. Finalmente estableceremos un pequeno banco de terras onde poidamos dispoñibilizar terreos aos participantes, localizados na cidade de Ourense, para que poidan producir para autoconsumo ou venda dos seus propios produtos.
Se estás interesada/o e queres colaborar ou participar:
info@sustinea.org
988.782.964
R/ As Caldas 8 Entr. dereita. Ourense
Agardámoste!
Engadir un novo comentario