As VI Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran unha vez máis a consolidaión dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam, Sustinea e Verdegaia presentan durante case 20 días con todo tipo de actividades o traballo realizado conxuntamente durante os últimos meses para que sexa cada vez máis visível, para que cada ano teñan máis voz todos aqueles proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.
Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía oferecen achegármonos máis ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que actuemos de xeito activo contra un modelo de produción agrícola e gandeirí intensiva e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensíveis a calquer consideración coa saúde pública, do benestar animal, de respecto ao medio natural e as culturas labregas.
Podedes consultar as novas no Faro de Vigo: Actividades e Non a Incineración!
Engadir un novo comentario