Xornada de "Horta Aberta" inauguración da Horta da Alfádega

En Sustinea estamos de festexos esta fin de semana. Queremos convidarvos este domingo día 11 á Xornada de "Horta Aberta" que faremos como inauguración e benvida da Horta da Alfádega no barrio da Carballeira.
 
Vinde coa vosa familia, haberá obradoiros para adultos e para os peques, xogos e dinámicas lúdico-ambientais, actividade de ioga na horta, intercambio de sementes, falaremos sobre a Agricultura Ecolóxica e a razón de porque apostamos por este proxecto de ecohortas urbanas, e moito máis con música e troula. Traede o voso xantar e vinde a desfrutar dun domingo diferente.
 
Para máis info 988 782 964 ou info@sustina.org

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.