Xornada os Inventarios Colectivos de Flora e Fauna en Galicia

Sustinea tamén participará este sábado 25 de xaneiro na Xornada de presentación dos distintos proxectos de inventariado da flora e fauna na Galiza, que se celebrará na Casa das Insuas de Rábade, organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio.
 
Durante esta xornada, estableceremos novas colaboracións, e a promoción e difusión dos inventarios colectivos de flora e fauna que se están a realizar en Galiza.
 
Ademais, a posta en marcha do portal Biodiversidade.eu, creado dentro do proxecto Biodiversidade Ameazada de Galicia-norte de Portugal (BIODIV_GNP) e coordinado polo Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da USC, abre unha nova ferramenta de traballo para os naturalistas galegos e do norte de Portugal como portal de comunicación dos seus proxectos e para poder difundir os datos conseguidos nos seus proxectos.
 
Podedes ver máis información no programa e no cartaz das xornadas

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.