
Os días 27, 28 e 29 de setembro, terá lugar no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), as Xornadas Innova na Educación Ambiental: novas ferramentas e técnicas para a Educación Ambiental organizado dende Sustinea, enmarcado dentro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
Os obxectivos destas Xornadas son a estimulación, a creación e a consolidación de redes para o desenvolvemento positivo e eficiente do traballo entre colectivos, e en xeral, con todos os sectores da poboación. Ao mesmo tempo, este encontro ofrece unha ocasión privilexiada para coñecer as iniciativas en educación ambiental que se están a levar a cabo en Galicia, e a debater sobre elas: intervencións educativas, investigacións, recursos, etc., favorecendo a emerxencia de novos programas e proxectos e contribuíndo ao desenvolvemento profesional dos/as participantes.
Ao longo dos 3 días levaremos a cabo accións prácticas sobre o terreo para cada un dos temas tratados: presentación de experiencias e iniciativas en Educación, Tempo Libre e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, recursos galegos no ámbito xuvenil, novas tendencias galegas en educación e comunicación ambiental, recursos para habilidades comunicativas e comunicación non verbal, voluntariado ambiental, interpretación do patrimonio, acción e intervención educativa, intervención en problemáticas ambientais, entre outros.
Destinatarios/as:
Educadoras/es Ambientais, Comunicadoras/es Ambientais, Monitoras/es de Tempo Libre, Guías Intérpretes do Patrimonio y en xeral persoas interesadas na Educación Ambiental.
Inclúe:
Aloxamento e manutención
Actividade de balde
INSCRICIÓNS ABERTAS!!
PRAZAS LIMITADAS
descarga ficha inscrición doc.
Para máis información:
www.sustinea.org
info@sustinea.org
Telf.: 668 874 900
Comentarios
Programa
compartir coche
Hola,yo iría el viernes.
Engadir un novo comentario