Documentos
Se non podes ver os documentos tenta a abrilos con outro navegador
Estes son uns documentos que cremos poden ser do teu interese.
-
Manual de conservación: actuacións administrativas e xudiciais para protexer a biodiversidade
Aquí deixámosvos un manual realizado pola SEO/BirdLife, para todas as persoas particulares, técnicas, profesionais ou xurídicas, que precisen resolver dúbidas sobre as actuación precisas e correctas para a proteción da natureza, resolvendo así, todas aquelas cuestións sobre temas ambientais. -
Catálogo Galego de Árbores Senlleiras
O Catálogo galego de árbores senlleiras fórmao as árbores ou as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecedoras de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.
O Catálogo galego de árbores senlleiras regúlase a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Este Decreto pretende establecer o réxime xurídico básico para as árbores que se inclúan no dito catálogo, coa finalidade de protexelas de posibles riscos e ameazas, garantindo así a súa conservación -
Guía Vermella e Verde de Alimentos Transxénicos 5ª Edición
Un organismo transxénico ou xeneticamente modificado (OMX) é un organismo que foi creado artificialmente manipulando os seus xenes. A manipulación xenética emprégase para illar segmentos de ADN (material xenético) dun ser vivo (virus, bacterias, plantas, animais e mesmo humanos) para introducilo noutro. Por exemplo, o millo transxénico sementado en España é portador de xenes bacterianos para producir unha substancia insecticida. E a pataca transxénica aprobada en marzo de 2010, leva un xene que podería anular o efecto de certos antibióticos. -
Proxectos de Soberanía Alimentaria
Deixámosvos aquí a guía de Proxectos de Soberanía Alimentaria en Galicia presentado dentro das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense. Desfrutadea. -
Manual da Biodiversidade de Ourense
Unha guía didáctica nacida a carón do VOuV! para comprender e comunicar os valores naturais que nos rodean. O Concello de Ourense, consciente da importancia que a Diversidade Biolóxica ten para o mantemento das nosas condicións de vida e das futuras xeracións, promove o programa VIVE OURENSE VIVO! co propósito de coñecer, divulgar, protexer e facer partícipe á poboación da riqueza natural que nos rodea. Cantas especies pensas que comparten contigo o territorio no que vives?, que valor ecolóxico teñen?, por que é importante para ti protexelas?, en que podes axudar?... Asegurámosvos que vos sorprenderiades ao coñecer a resposta a esta e outras preguntas. O programa VIVE OURENSE VIVO! pretende axudarche a que sexas ti mesmo o que responda a todas estas preguntas.
Comentarios recentes