Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Tralos lumes dista fin de semana moitos de vós compartistes connosco a vosa preocupación e ansia de botar unha man. Dende Sustinea chamamos á prudencia e actuar sémpre baixo asesoramento. Para dar resposta a moitas das dúbidas que nos plantexabades de como actuar nunha área afectada polos incendios e aclarar información confusa e pouco rigurosa que nos chegou a través de diferentes medios, fixemos unha recopilación de recomendacións e accións a evitar.

  • Fin de semana estupenda no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés para finalizar o programa Coñece o Xurés financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración do Concello de Muíños.
     
    Estade atentas/os ás nosas redes sociais, pois en breve sairán máis programas para P.N. de Enciña da Lastra, Invernadeiro e Xurés.
     
    Lembrade que tamén temos aberto o Xuventur 2017 https://goo.gl/Gexp7Q
     
    Vémonos polas montañas ;)

  • Este sábado estivemos levando a cabo o , neste caso adicado á elaboración de produtos para a hixiene do noso fogar, en colaboración coa Omix O Pereiro.

Páxinas