Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Dende Sustinea e o Concello de Pereiro de Aguiar celebramos este sábado 14 de novembro o Obradoiro de Cociña Micolóxica "cogomelos de outono", no Albergue de Ordelles.
     
    Reunímonos 10 persoas estupendas, que aportaron moita alegría á cociña de Ordelles. Pasamos unha xornada agradable, con moitas risas, na que aprendimos os pasos para limpar os cogomelos, técnicas de conservación e a elaboración de doadas, prácticas e riquísimas receitas micolóxicas, coas que poder desfrutar dos marabillosos manxares cos que nos obsequia a nosa terra, e sorprender aos nos@s convidad@s. 
     
    Despois de cociñar, chegaba a hora de degustar o elaborado. Dende patés de agaricus campestris, sopa orinetal con siitake, lentellas cremosas con boletus edulis, hamburguesas de boletus erythropus, entre outras, todas elas deliciosas.
     
    Agradecemos a vosa compañía e o bo ambiente do grupo. 
     
    Agardamos voltar a vernos pronto!

  • Dende Sustinea e o Concello de Pereiro de Aguiar celebramos esta fin de semana o Día Internacional da Alimentación, cociñando conscientemente no Obradoiro de cociña alternativa e biosudable de outono-inverno, no Albergue de Ordelles.
     
    Con este obradoiro, quixemos contribuír á difusión de entender o acto de cociñar de forma consciente, desde a elección das materias primas, ao momento para comer, pasando pola importancia da intención no momento de cociñar, entendendo este acto como unha alquimia que vai achegar non só nutrientes, tamén benestar emocional, físico e espiritual, sen esquecernos da importancia á hora de presentar os pratos elaborados.
     
     
    Agradecemos a todas as persoas que participastes, pola vosa enerxía e o bo ambiente creado, agardamos vervos nas seguintes!!

  • Despois de 5 días cos obradoiros do ReciclArte e a "Fada das mil sementes" e a Eco-Xincana a"Liga d@s Xusticieir@s Ambientais", só podemos decir que nos encanta o noso traballo!!

    @s Basurillas no ReciclArte Nondounha na  Ecoxincana " A Liga d@s Xusticieir@s Ambientais"

Páxinas