Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Aquí tedes algunhas das imaxes que mostran o que foron os 8 días de Intercambio cos nosos colegas de ASPEA de Portugal e Caretakers Environmental de Grecia.
     
    Here you have some of the images that show what were the 8 days of exchange with our colleagues in ASPEA of Portugal and Caretakers Environmental of Greece.

  • Este ano adicamos esta 3ª edición a estudar a fauna que habita no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, no que estivemos realizando roteiros, interpretando os rastros e sinais que deixa a fauna durante os seus percorridos, lobos, raposos, teixugos, martas, donicelas, toupas, ourizos, etc... e vendo especies coma a pintega rabilonga (Chioglossa lusitanica) e sapo curriqueiro, entre outras. Durmimos en plena Reserva Natural, onde aproveitamos para facer estacións nocturnas de estudo de morcegos, na cal puidemos estudar especies coma o morcego das hortas (Eptesicus serotinus), morcego das fragas (Barbastella barbastellus) e o morcego anano (Pipistrellus pipistrellus), desfrutando ao mesmo tempo da tranquilidade e da paisaxe nocturna do Parque Natural. 
     
    E aínda que o tempo nos acompañou con moita choiva, as persoas que participaron nestes III Monográficos, desfrutaron dun entorno privilexiado, coma é o Xurés, que nos agasalla con paisaxes, fauna e flora digna de estudar e coñecer para conservar.
     
    Agardamos de que todas as persoas que non puideron participar nesta 3ª edición, podades participar con nós na 4ª, así que vos agardamos!

  • Desfrutamos de roteiros por zonas de Reserva Natural, coñecendo á fauna que alí habita a través do análise dos rastros e sinais da fauna. Interpretamos a paisaxe coa que nos agasalla o Parque Natural. Desfrutamos dun xantar de campo na aldea de Salgueiro, onde coñecimos coma vivían os/as antigos/as poboadores e as súas costumes, a través de roteiros etnográficos. Bañámonos en pozas naturais de augas cristalinas. Realizamos actividades naúticas ata o campamento romano do Aquis Querquennis, onde nos demos uns marabillosos baños de lodos rematando cuns baños nas termas romanas. Todo isto e máis, rodeados de persoas encantadoras, que crearon un espazo agradable de convivencia de de desfrute en conxunto do entorno privilexiado onde nos atopábamos, o Xurés.
     
    Coa programación da fin de semana"O Xurés dende outra mirada", pretendíamos ofertar á xuventude, varias actividades culturais, lúdicas e deportivas en contacto coa natureza do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, co obxetivo de que coñezan este entorno dun xeito vivencial, plantexando coma unha alternativa para ocupar o tempo libre de xeito saudable.

Páxinas