Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Aquí tedes un resumos da nosa participación do Congreso Internacional de Xuventude, organizado esta fin de semana pola Consellería de Traballo e Benestar en Ribeira, no que tomamos parte máis de 500 persoas.

  • Recén chegados/as e con gañas de voltar a ese lugar tan fermoso: a Enciña da Lastra.
     
    Dende o venres ata o domingo, estivemos desfrutando dunha fin de semana rodeados/as de belas paisaxes, desconectando da rutina diaria, e en pleno corazón da reserva natural do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.
     
    Un total de 20 persoas, coñeceron unhas das xoias da natureza galega, realizandorutas polas súas montañas, adentrándose nas súas covas coa espeleoloxía, desfrutando de paisaxes e sentíndose coma as súas águias reais co puenting, explorando os seus rápidos e canóns co kaiak, e degustando a súa gastronomía e os seus viños coa visita a Ruta das Covas de Castro. Todo isto mesturado co bo ambiente entre todos/as os/as participantes, fixo que esta fin de semana fose marabillosa.

  • Aquí tedes un breve resumo do que foron os 3 intensos días que durou o Festival Reperkusión 2013, no que estivemos levando a cabo o proxecto piloto do Biofestival.

Páxinas