Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Esta é unha pequena mostra dos labores do voluntariado ambiental realizados durante os meses de marzo e abril, pero se realmente queredes ver como quedou, achegádevos ata alí e desfrutade de como se está recompoñendo Bemposta.

  •  
    Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que foi o espazo de intercambio e traballo en rede durante os 5 días e Lyon, ademais dunhas imaxes do Centro de Educación Ambiental dos nosos amigos de Oikos en Lyon (Francia) que nos estiveron ensinando o seu marabilloso equipamento construído con balas de palla e rebocos de barro.

  •  
    Durante os días 24 e 25 de novembro celebramos as II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira, onde participaron un total de 35 persoas nas dúas actividades programadas: Obradoiro de Fotografía Outonal e a actividade máis esperada da tempada, a Saída Micolóxica.
     
    Para estas actividades contamos coa colaboración de Héctor Guzman da Asociación Fotográfica Os Potiños e Juan José Martínez Álvarez da Asociación Micolóxica Os Cogordos. Da súa man as persoas participantes puideron coñecer a paisaxe outonal e a diversidade micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira. 
     
    Aquí deixovos unha pequena mostra do que foron as xornadas.

Páxinas