A Ruta dous Muíños, de baixa dificultade, esténdese ao longo de 7,2 quilómetros e percórrese nun tempo estimado de dúas horas e media. O traxecto ten seis etapas -Veronza, Trigás, Abelenda, Sariñás, Xunqueira e As Fermosas- e conta con 24 muíños restaurados, que son un claro exemplo do aproveitamento tradicional dos ríos de Galicia. Finalizado este percorrido, podemos desprazarnos dende As Fermosas a Vilar de Condes, onde encontramos un conxunto de 22 hórreos de pedra asentados sobre unha inmensa rocha e rodeados de castiñeiros e carballos. A ruta finaliza en Saá e Vilariño.
Galería de Imaxes
Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
Comentarios recentes