Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Onte 24 de abril, un total de 24 persoas e 1 cadeliña, xuntámonos para desfrutar dunha xornada soleada e primaveral polas polas carballeiras e soutos do Arnoia, un dos Bosques Atlánticos máis fermosos da nosa provincia.
     
    A paisaxe, a boa compañía, as risas, o barro, zapatillas encharcadas, e algún que outro tropezo fixo que a xornada fose aínda moito mellor.
     
    Unha camiñata de aproximadamente 15 km. deunos para coñecer a biodiversidade deste tipo de bosques, dende cobras, teixugueiras, rastros de corzos, xabaríns, mustélidos, o peto, paporubio, rousinol común, ata sapo común, lirios, carballos e soutos centenarios, etc...
     
    Agardecemos a todas as persoas que participaron pola xuntanza para festexar un día tan importante, e polas gañas de "coñecer para conservar" o noso partimonio ambiental.
     
    Vémonos nas seguintes! 

  • Este mércores, 6 de abril estivemos co Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.

    Foi un obradoiro práctico onde ademais de elaborar diferentes pratos, dimos a coñecer a importancia da súa elaboración, a adecuada combinación de alimentos naturais, locais e de tempada e como actúan no noso corpo. E sobretodo falamos da importancia de ter consciencia plena, sobretodo á hora de alimentarnos, para escoitar ao noso corpo e poder alimentarnos dunha forma ou outra.

    Unha vez elaborados os pratos, pasamos á parte máis divertida: a degustación. Crema verde de fiuncho, maza e albahaca; Queixos crema veganos de améndoas e pipas de xirasol; rollitos de quinoa e verduras; hamburguesa de mijo con crudites; leite vexetal de améndoas... en definitiva todo estaba delicioso!!

    Unha tarde divertida, tranquila e nun bo ambiente, na que tamén tivemos a oportunidade de coñecer novas persoas que transmiten moi bo rollo.

    Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica.

    Agardámosvos nas seguintes! 

     

  • Onte comezamos coa 1ª actividade das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, a visita ao proxecto agroecolóxico Fóra da Linde e Conversa na Horta: Vivir a autoxestión.
     
    Uidemos coñecer varios exemplos de proxectos agroecolóxicos: o das nosas compañeiras de Fóra do Linde (Ourense) e outros, como o que se está a desenvolver en Perales de Tajuña (Madrid).
     
    Estos dous proxectos propoñen a través da agricultura ecolóxica, un modelo alternativo de produción, consumo e distribución baseado na autoxestión, creando unha estructura asemblearia, traballando de man con grupos de consumo locais, como por exemplo co Grupo de Consumo Responsable Xurumelas.
     

    Durante a xornada visitamos o invernadoiro e coñecimos diferentes especies de plantas, como traballar con abonos naturais, planificación da horta, o rego, etc.
     
    Despois todas e todos, desfrutamos dun estupendo xantar vexetal e viño do país.
     
    Foi unha xornadas moi agradable. Gracias a Fóra do Linde.

     

Páxinas