Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Este sábado 19 de marzo levamos a cabo o 2ª Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de primaveira, en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar no Albergue de Ordelles.

    Neste obradoiro participaron un total de 23 persoas encantadoras, coas que compartimos a nosa filosofía culinaria natural, baseada no emprego de produtos integrais, de cultivo ecolóxico, local e de tempada, sustentables co Medioambiente, coa intención de achegar uns coñecementos e unha filosofía de entender a cociña a través de menús gastronómicos doados de aplicar no noso día a día ou incluso en eventos especiais.
     
    Durante a xornada, primeiro elaboramos menús deliciosos, naturais e saudables, dende almorzos enerxéticos, ata xantares e ceas desintoxicantes e nutritivas, e uns aperitivos alternativos que nos aportan nutrintes e minerais esenciais para o noso organismo. Despois desta elaboración, tocou a parte de degustación do elaborado, e podemos dicir que todo estivo riquísimo e cunha moi boa presentación. Sodes grandes cociñeir@s!!!
     
    Con este obradoiro, quixemos contribuír á difusión de entender o acto de cociñar de forma consciente, desde a elección das materias primas, ao momento para comer, pasando pola importancia da intención no momento de cociñar, entendendo este acto como unha alquimia que vai achegar non só nutrientes, tamén benestar emocional, físico e espiritual, sen esquecernos da importancia á hora de presentar os pratos elaborados.
     
    Agradecemos a todas as persoas que participastes, pola vosa enerxía e o bo ambiente creado, agardamos vervos nas seguintes!!
     
     

  • Este sábado tivemos a visita ao ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), encamiñado á conservación e á recuperación das Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción. Foi unha maña estupenda, en boa compañía, onde coñecimos moitas cousas interesantes e moi importantes da man de Castor.
     
    Faltounos a foto de grupo... unha mágoa, pois o Pazo era un lugar ideal para retratar ao grupo, pero para as próximas non se nos pasa. De todos xeitos, aquí vos deixamos coma sempre unha mostra fotográfica.
     
    Lembramos que esta actividade está dentro da Campaña "1 mes 1 compromisohttp://goo.gl/3OAVj9

  • Rico, rico e saudable, foi o Obradoiro Familiar de Cociña Consciente Especial Nadal, dentro do programa Actividades en Familia, que levamos a cabo este sábado 19 de decembro.

Páxinas