actividades en familia divulgación sensibilización educación ambiental

Actividades de promoción do Parque Natural e da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Mañá estaremos na Porta do Xurés en Calvos de Randín (Santiago de Rubiás) pasando unha boa mañá cos nenos e nenas que se acheguen e desfrutando dos xogos populares e moitas máis actividades para promover a importancia do noso parque natural e da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

Roteiro polo Día Mundial da Auga

A xornada de onte destinámola a festexar o Día Mundial da Auga, en colaboración coa Concellería de Turismo (Ourense), cun roteiro ao carón do río Miño, na que xuntas quixemos por en valor a importancia da auga como elemento de Desenvolvemento Sostible, achegándo ás persoas participantes os recursos e puntos de interese patrimonial que temos ao carón do río.

Xornada de "Horta Aberta" inauguración da Horta da Alfádega

En Sustinea estamos de festexos esta fin de semana. Queremos convidarvos este domingo día 11 á Xornada de "Horta Aberta" que faremos como inauguración e benvida da Horta da Alfádega no barrio da Carballeira, na que tamén colabora Servizos Sociais do Concello de Ourense.
 

Subscribirse a RSS - actividades en familia divulgación sensibilización educación ambiental