Agricultura Ecolóxica

EU CULTIVO E TI DÉIXASME A TERRA

Baixo esta premisa Sustinea pide a colaboración de toda a cidadanía ourensá, para colaborar en “Un rural para todxs”, nome do proxecto ecosocial, cuxo obxectivo ten a recuperación de terreos en desuso e abandonados na cidade de Ourense, para a posterior creación de  hortas ecolóxicas urbanas .

Xornada de Horta aberta da Alfádega. Benvida!

Onte desfrutamos dunha xornada agradable na Horta da Alfádega, rodeados de compañeiras, xente que achegou a coñecer o proxeto, persoas que queren colaborar e aprender, risas, un día soleado, obradoiros, ioga, etc. Todo para darlle a benvida oficial á Horta da Alfádega.

Agradecemos a todas as persoas que onte se pasaron pola nosa horta a adicarlle un tempiño a coñecela e desfrutala ;). Ver imaxes de onte.

Xornada de "Horta Aberta" inauguración da Horta da Alfádega

En Sustinea estamos de festexos esta fin de semana. Queremos convidarvos este domingo día 11 á Xornada de "Horta Aberta" que faremos como inauguración e benvida da Horta da Alfádega no barrio da Carballeira, na que tamén colabora Servizos Sociais do Concello de Ourense.
 

Subscribirse a RSS - Agricultura Ecolóxica