Fin de semana estupenda no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés co programa Coñece o Xurés financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración do Concello de Muíños.
Dende Sustinea e o Concello de Muíños, estamos organizando o Campo de Traballo Ambiental de recuperación etnográfica e ambiental da Aldea de Salgueiro do 21 ao 30 de agosto coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Xunta de Galicia, cunha serie de traballos encamiñados á conservación e difusión da aldea e do propio parque natural.
Durante 10 días, a Aldea de Salgueiro reviviu coa enerxía positiva das persoas participantes no Campo de Traballo Internacional, que colaborarón con nós, para rehabilitar e recuperar a aldea tradicional de carboeiros, ubicada en pleno corazón do Parque Natural Serra do Xurés.
Comentarios recentes