Campo de Traballo Internacional

Campo de Traballo de Vilariño de Conso 2018

Un total de 23 persoas chegadas da Coruña, Ourense, Alemaña, Mexico, Francia, Turquía, Serbia, Sevilla, Cantabria, Cádiz, Barcelona, Salamanca, Vizcaya, Madrid e Valencia, chegaron a Vilariño de Conso para compartir connosco durante 12 días a experiencia intercultural no rural do Parque Natural Serra de Invernadeiro, e de desenvolvemento rural sostible nas montañas ourensás.

Campo de Traballo Muíños 2018

De Xapón, Rusia, República Checa, Córdoba, Sevilla, Zaragoza, Madrid, Las Palmas, Cáceres, Barcelona, Lalín, Ourense a... MUÍÑOS!
Acondicionando o roteiro dos Muíños da Torrente e desenvolvendo un amplo dispositivo de difusión para promocionalo, mozos e mozas chegados dende os confíns da Terra, compartiron suor, música, ensinanzas e moita natureza durante 12 días .

Participa con nós no Campo de Traballo "Un rural para tod@s"

Dende Sustinea propoñémoste que te poñas “mans na terra” e participes no Campo de Traballo Socio-Ambiental "Un rural para tod@s" que levamos a cabo este verán en colaboración co Concello de Ourense e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
 

Subscribirse a RSS - Campo de Traballo Internacional