coltán

MoBilízate pola selva. Dinámica de roles

Os rapaces de bacharelato do Instituto de Secundaria “Universidade Laboral” en Ourense foron os protagonistas da actividade que onte realizamos no seu centro. Adquirindo diferentes roles profundizamos na problemática que ten a extracción do mineral que se emprega nos aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, ordenadores e consolas) e reflexionamos sobre o consumo consciente e responsable para posicionarnos, minimizar o impacto e ser parte da solución.

Charla no IES Universidade Laboral sobre o proxecto "Movilízate pola selva".

Buzón para recollida de móbiles en desuso.

A petición dunha profesora comprometida, onte estivemos no Instituto de Secundaria “Universidade Laboral” en Ourense, nunha actividade cuns corenta alumnos de bacharelato para informarlles da problemática que ten a extracción do mineral que se emprega nos aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, ordenadores e consolas) e de que podemos facer nós para minimizar este impacto. Unha vez máis, contamos coa valiosa colaboración de Susana R. Fariña, primatóloga ourensá.

Subscribirse a RSS - coltán