día da árbore

Celebración Día Mundial da Árbore

Este  21 de marzo,  Sustinea e a Asociación de Discapacitados de Ourense (A.D.O.), celebramos xuntas o Día Mundial da Árbore. Dende Sustinea quixemos apoiar este día recordando a importancia de coidar e preservar as nosas árbores, xa que estas son fundamentais para a vida no noso planeta. É por esta razón que pensamos que non había mellor forma de festexar este día, que plantando árbores autóctonas e desfrutando dunha mañá en contacto coa natureza.

Subscribirse a RSS - día da árbore