Dende Sustinea e o Concello de Pereiro de Aguiar celebramos este sábado 14 de novembro o Obradoiro de Cociña Micolóxica "cogomelos de outono", no Albergue de Ordelles.
O venres 29 de maio tivemos a visita no Parque Natural do Xurés e na aldea de Puxedo a 68 nenos/as do CEIP Castrelo do Val, co noso programa para escolares "@s Gardiáns do Parque Natural".
Desde Sustinea pensamos globalmente e actuamos localmente para axudar a emprender camiños construidos polo progreso e o respecto polo entorno. Prestamos un servizo, cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e ambiental, potenciando os recursos locais, fomentando a iniciativas sostibles. Traballamos coa colaboración de todos os sectores da comunidade local para desenvolver diversos plans de acción, integrando a perspectiva ambiental, social, cultural e económica, posibilitando unha comunidade sostible.
Comentarios recentes