Desenvolvemento rural sostible

Obradoiros Portas do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Rematamos cos obradoiros e actividades que levamos a cabo nas 6 Portas do Parque Natural do Xurés: Muíños, Lobios, Lobeira, Calvos de Randín, Bande e Entrimo.
Sempre ledas de pasar o maior tempo posible no rural ourensán, e sobretodo de xogar cos nenos e nenas, transmitíndolles a importancia da conservación do noso Patrimonio Ambiental e Cultural. Porque os xogos populares tamén molan moito e a coa natureza te divirtes ao tempo que aprendes!! :)

Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar en Loñoá

Rematamos moi contentas e orgullosas esta primeira edición da Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar en Loñoá!! :)
Agora toca descansar para coller forzas e comezar a traballar para a seguinte edición.

Ti contas

"estades aí? co fume non podía ver nada! ... pasou todo moi rápido, comezamos a cheiralo e de súpeto estabamos rodeados de lume, dun chouto saimos disparados da zona, eu asusteime e corrín tanto tanto tanto..."
 
Subscribirse a RSS - Desenvolvemento rural sostible