formación

Emprega en verde

Sustinea, facemos un chamamento á mocidade galega interesada en traballar en empresas do “sector verde” a que faciliten os seus datos para poñelos en contacto coas ofertas de emprego que satisfagan as súas inquedanzas medioambientais.

Que é o “emprego verde”?

Rematados os Cursos Prácticos de Poda e Enxerto

Rematamos os dous Cursos Prácticos de Poda e Enxerto que levamos a cabo coa Área de Medio Rural do Concello O Carballiño na aldea de Banga e na de Santa Uxía de Lobás (O Carballiño).
 
Como as prazas quedaron agotadas de novo no primeiro momento, en próximos días informarémosvos de novas prazas para un 3º que faremos neste mes de marzo.
 

Curso de Formación Teórico- Práctico en Agricultura Ecolóxica – 50 horas

Dende Sustinea queremos presentarvos o Curso de Formación Teórico-Tráctico en Agricultura Ecolóxica con duración de 50 horas, que levaremos a cabo na asociación de veciños e veciñas A Carlasca, do 20 ata o 31 de marzo, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00.

Subscribirse a RSS - formación